Wednesday, March 21, 2007

Crónica tardía

Esta semana a Tertulia foi animada non, ANIMADÍSIMA!! Falamos de todo o que non se debe falar: sexo, política e relixión; tecimos como posesas e rimos aínda máis...

Eva está tecendo dúas bufandas á vez: unha para J. (de "cores moi J.") e a xenuína bufanda "Penélope" que se destece e se tece ó mesmo tempo.

O chaleque de Paula medra a bo ritmo, aínda que ela ten a impresión de que nunca chega o momento de minguar para as sisas.

Fivi continúa co seu xersei, sen presa pero sen pausa, que xa é moito, porque os exames non lle deixan moito tempo para tecer.

María xa está entrando na recta final do calcetín, minguando desde o talón... ¡Xa non queda nada!

E eu andei a ratos cun calcetín para a miña comadre e a ratos coa falling water scarf (que estou desexando darlle forma, para que se vexa ben o calado, que así non loce nada).

Entretanto, os que non tecen facían o seu: A Terremota tentaba xogar con todo o mundo á vez e Rudolf presumía de bufanda nova, todo guapo

0 Comments:

Post a Comment

<< Home