Monday, February 19, 2007

Surrealismos

Como somos unha tertulia itinerante, onte xa nin quedamos nunha cafetería, por se acaso, e fixemos ben, xa que no Café Tertulia non había sitio. Camiñando, camiñando, chegamos ó Tablizo contentísimas de que estivese case baleiro, de ter unha mesa grande e de nos puxesen algo para picar coa consumición (diso aledouse sobre todo a Terremota).

Desplegámo-lo campamento, cada unha co seu labor:

- Fivi co seu xersei rosa, do que ten a espalda case acabada (pero do que non temos foto). Comentábanos que dáballe pena non telo pensado antes porque apetecíalle facerlle a manga raglán, pero a estas alturas e coa cantidade de traballo que ten a pobre, descarta desfacelo para cambia-las sisas.

- Álex coa súa chaqueta peludiña, que tivo que desfacer tres veces esta semana. Comprometeuse a traer a espalda case rematada para o vindeiro domingo. Esperamos que a súa gorxa llo permita, porque a pobre marchou en medio da tertulia para o centro de saúde, preocupada polo moito que lle proía.



- Pauliña, con novo proxecto (a bufanda damero queda aparcada un tempiño porque as lanas que estaba usando non eran iguais e facían un efecto raro) que irá concretándose a medida que medre: pode ser un chaleque, ou un xersei, ou unha chaqueta... Solventadas certas dificultades co punto elástico, iremos vendo cómo avanza.



- Eu, con outro calcetín; este é azul marino e será para a madriña da Terremota, que sempre ten frío nos pés.


Cando estabamos encantadísimas tece que tece e fala que fala, entrou no local unha comparsa enteira!!! Un enorme grupo de persoas de entre 45-65 anos (con algunhas excepcións) vestidos de chulos e chulapas (que parecía aquilo San Isidro) armados con guitarras e laúdes que nos amenizaron a tarde... Por dicilo dalgún xeito.

Detalle a ter en conta o da señora comparsera que cando nos viu tecendo non daba creto: "PERO ESTÁN CALCETANDO!!! MIRA, MIRA ESTAS O QUE FAN!! TECEDES PORQUE É ENTROIDO, NON?" (Se alguén que estea lendo isto sabe a relación que hai entre a calceta e o Entroido, que nolo faga saber nos comentarios, por favor, que estamos intrigadas).

Para que vexades o ambiente xeral da xuntanza de onte, deixámosvos un vídeo.





Un bico para as nosa enfermiña María que non puido vir onte e para Eviña, que anda acompañando a un familiar pachucho. Nati, cando agarrará-las agullas?;)




Como somos una tertulia itinerante, ayer ya ni quedamos en una cafetería, por si acaso, e hicimos bien, ya que en el Café Tertulia no había sitio. Caminando, caminando, llegamos al Tablizo contentísimas de que estuviese casi vacío, de tener una mesa grande y de que nos pusiesen algo para picar con la consumición (de eso se alegró sobre todo la Terremota).

Desplegamos el campamento, cada una con su labor:

- Fivi con su jersey rosa, del que tiene la espalda casi acabada (pero del que no tenemos foto). Nos comedntaba que le daba pena no haberlo pensado antes porque le apetecía hacerle manga raglán, pero a estas alturas e con la cantidad de trabajo que tiene la pobre, descarta deshacerlo para cambiar las sisas.

- Álex con su chaqueta peludiña, que tuvo que deshacer tres veces esta semana. Se comprometió a traer la espalda casi terminada para el próximo domingo. Esperamos que su garganta se lo permita, porque la pobre se marchó en medio de la tertulia para el centro de salud, preocupada por lo mucho que le picaba.

- Pauliña, con nuevo proyecto (la bufanda damero queda aparcada un tiempecito porque las lanas que estaba usando no eran iguales y hacían un efecto raro) que irá concretándose a medida que crezca: puede ser un chaleco, o un jersey, o una chaqueta... Solventadas ciertas dificultades con el punto elástico, iremos viendo cómo avanza.

- Yo, con otro calcetín; este es azul marino y será para la madrina de la Terremota, que siempre tiene frío en los pies.

Cuando estabamos encantadísimas teje que teje y charla que charla , entró en el local una comparsa entera!!! Un enorme grupo de personas de entre 45-65 años (con algunas excepciones) vestidos de chulos y chulapas (que parecía aquéllo San Isidro) armados con guitarras y laúdes que nos amenizaron la tarde... Por decirlo de algún modo.

Detalle a tener en cuenta el de la señora comparsera que cuando nos vio tejiendo no daba crédito: "PERO ESTÁN CALCETANDO!!! MIRA, MIRA ESTAS LO QUE HACEN!! TEJÉIS PORQUE ES CARNAVAL, NO?" (Si alguie que estea lendo isto sabe a relación que hai entre a calceta e o Entroido, que nolo faga saber nos comentarios, por favor, que estamos intrigadas).

Para que veáis el ambiente general de la reunión de ayer, os dejamos un vídeo.



Un beso para nuestra enfermiña María que no pudo venir ayer y para Eviña, que anda acompañando a un familiar pachucho. Nati, cuando agarrarás las agujas? ;)

6 Comments:

Blogger liuia drusilla said...

Es que íbais disfrazadas de tejedoras, ¿no?
¿No? ^^U

2:18 PM  
Blogger Tartaruga dos Tartarouchos said...

Aiiii!! Eu tamén quero tecer en grupo!! Pero non sei cómo o faría coa miña bicha de 13 meses por ahí solta... de todas maneiras en Lugo xa non se tece nin no entroido.

Que ben o pasades desfrazadas de tecelás.

Bicos dende lugo

4:39 PM  
Blogger María said...

Estos de Sobradelo... mira la que os montan en un plisplas jajaja!!! Joooo!!! yo quería haber ido snifff!!!

9:37 PM  
Blogger Maxiavida said...

Raquel, eu teño unha bicha de 17 meses que corre arredor das tertulianas, xa está máis que afeita. E tamén teño unha amiga en Lugo que quere tecer en grupo!! Anímate, que seguro que vos xuntades un grupete estupendo!!

1:46 AM  
Blogger Tartaruga dos Tartarouchos said...

Pufff, pero se é que non teño tempo, ando metida en demasiadas cousas e non dou abasto, teño que ordenar un pouco a miña vida e se cadra entón anímome.
A túa amiga é a dos 4 cans? Jeje, eu teño 3... e unha gata, e peixes, e tartarugas,... e á bichiña.
Por certo, vou abusar e preguntarvos se sabedes onde mercar la para calcetíns de opal ou regia que saia ben cos gastos de envío. Estiven mirando e en Alemaña custan 6€ os mesmos que valen 6.50 pounds en UK, pero como non entendo nin papa de alemán non sei nin como mercalos...
Aquí so atopei de Mondial, pero so hai 4 cores e son bastante feas (e 75 de acrílico).
Unha axudiña?
Bicos, tecelás.

8:44 AM  
Blogger Maxiavida said...

Raquel, si é a dos cans, jejejeje... EN Jeu de Mailles teñen Regia a moi bo prezo (arredor de 4€), o malo son os gastos de envío, claro. Nós usamos Katia Nylon, que vai moi ben e é fácil de atopar (75% lá).

10:31 AM  

Post a Comment

<< Home