Sunday, January 14, 2007

Calcetando calcetíns/ Tejiendo calcetines

Xa pasaron as festas, empezaron as rebaixas, e nós puidemos volver xuntarnos a tecer (e a latricar, que non paramos...). Só estabamos catro (bueno, catro máis a Terremota e tódolos seus xoguetiños) , pero menudas catro!! ;)

Eviña andaba buscando ofertas de traballo e non puido dar unha puntada, pero mostrounos que a súa bufanda xa está bastante longa e María apuntou que viu unha igual nun vídeoclip.

Álex segue coa súa mantiña xaspeada que ten un aspecto moi amoroso. Como levaba moito tempo sen ir ás xuntanzas, chamoume a atención a soltura que foi collendo desde que empezou ata agora... Está feita unha profesional!!

María levaba xa un tempiño con ganas de facer calcetíns, así que levou as súas agullas de doble punta e un novelo de lana de calcetíns (sí!!! hai lana para calcetíns en Vilagarcía!!) e de seguida pillou o truco.

Pola miña banda, eu levei o calcetín curto que estou a facer, e como a Terremota estivo sesteando un bo rato, deille un bo avance... Chégase un tempo calcetinil á nosa tertulia, creo!!

E entre tecidos, comentarios das rebaixas, reflexións sobre o mercado laboral, críticas á música que nos estaban poñendo e (cando espertou) o espectáculo cómico-teatral da Terremota, pasounos o tempo voando, non nos deu tempo nin a sacar fotos... A ver se, aínda que sexa, sacamos algunha na casa para que vexades cómo avanzan os nosos proxectos!!

Xa sabedes, para a semana, máis. Domingo, 18:30 en La Terraza (antes Chill-out/Lounge, agora Café-Tricot)


Ya pasaron las fiestas, empezaron las rebajas, y nosotras pudimos volver a juntarnos a tejer (y a charlar, que no paramos...). Sólo estábamos cuatro (bueno, cuatro más la Terremota y todos sus juguetitos) , pero menudas cuatro!! ;)

Eviña andaba buscando ofertas de trabajo y no pudo dar una puntada, pero nos mostró que su bufanda ya está bastante larga y María apuntó que había visto una igual en un vídeoclip.

Álex sigue con su mantita jaspeada que tiene un aspecto muy amoroso. Como llevaba mucho tiempo sin ir a las reuniones, me llamó la atención la soltura que ha ido cogiendo desde que empezou hasta ahora... Está hecha una profesional!!

María llevaba ya un tiempito con ganas de hacer calcetines, así que llevó sus agujas de doble punta y un ovillo de lana de calcetines (sí!!! hay lana para calcetines en Vilagarcía!!) y enseguida le cogió el truco.

Por mi parte, yo llevé el calcetín corto que estoy haciendo, y como la Terremota estuvo sesteando un buen rato, le di un buen avance... Se acerca un tiempo calcetinil a nuestra tertulia, creo!!

Y entre tejidos, comentarios de las rebajas, reflexiones sobre el mercado laboral, críticas a la música que nos estaban poniendo y (cuando despertó) el espectáculo cómico-teatral de la Terremota, se nos pasó el tiempo volando, no nos dio tempo ni a sacar fotos... A ver si, aunque sea, sacamos alguna en casa para que veais cómo avanzan nuestros proyectos!!

Ya sabéis, la próxima semana, más. Domingo, 18:30 en La Terraza (antes Chill-out/Lounge, ahora Café-Tricot)

0 Comments:

Post a Comment

<< Home