Monday, April 09, 2007

Dun lado a outro

Onte estivemos de un lado a outro, a "nosa" cafetería (seguemos sen saber como se chama; non por non mirar senón por non preguntar, non ten cartel que nos informe), estaba pechada, intentamos mudarnos ó Tablizo pero tamén estaba pechado así que acabamos na Yoli, unha cafetería-pastelería donde nos acolleron sen problema. Esta vez estivemos todas, ata Maricanto que viunos visitar dende Perugia.
Álex esqueceu a súa chaqueta na casa, pero informounos de que xa está na escaba.
Fivi segue co seu calcetín para o mobil, xa facendos disminucións para rematar.
Paula, segue co seu chaleque xa está a rematar a espalda, e trouxonos un montón de lás que lle regalou a súa avoa, un par de madeixas de angorina violeta e azul bebé, e medio cono de cinta turquesa preciosa, propuxemoslle que fixera un foulard para o vrán, pero seguimos buscando máis propostas ¿a alguén se lle ocurre algo?
Eva comenzou uns patucos con algodón en verde matizado e con agullas feitas con palillos de pinchos morunos (parece que Fivi está a crear tendencia), vai con bó pé aínda que por veces o patrón parece que está en chinés.
Maxia ensinounos a súa fantastica Falling Water Scarf, despois de bloqueda quedou preciosa. E comenzou con un calcetín para o vrán.
Eu estou a un plis de rematar o meu primer calcetín, e levei as partes do meu primer amigurimi, aínda lle queda para rematalo.
Estivemos tece tece e fala fala toda a tarde e pasaronos as horas voando, a Terremota revolveu nos bolsos de todas en busca de tesouros ocultos e unimonos as dúas en ataque á rosca de pascua.
Como detalle (sempre nos pasa algo curioso) unha parella de señoras maiores pararonnos cando nos íamos para dicirnos que eramos un exemplo a seguer e que lles parecía moi bonito o que facíamos, e tamén se extrañaron de que superamos tecer con 5 agullas que era moi difícil. ^_^
O próximo domingo non averá quedada, pero o seguinte iremos con moitas máis gañas e máis animadas se cabe.

Ayer estuvimos de un lado para otro, "nuestra" cafetería (seguimos sin saber como se llama; no por no mirar sino por no preguntar, no tiene cartel que nos informe), estaba cerrada, intentamos mudarnos al Tablizo pero también estaba cerrado así que acabamos en la Yoli, una cafetería-pastelería donde nos acogieron sin problema. Esta vez estuvimos todas, y hasta Maricanto que nos vino a visitar desde Perugia.
Álex se olvidó de su chaqueta en casa, pero nos informó de que ya está en la escaba.
Fivi sigue con su calcetín para el móvil, ya haciendos disminuciones para acabar.
Paula, sigue con su chaleco ya está acabando la espalda, e nos trajo un montón de lanas que le regaló su abuela, un par de madejas de angorina violeta y azul bebé, y medio
cono de cinta turquesa preciosa, lo propusimos que hiciera un foulard para el verano, pero seguimos buscando más propuestas ¿a alguien se le ocurre algo?
Eva comenzó unos
patucos con algodón en verde matizado y con agujas hechas con palillos de pinchos morunos (parece que Fivi está creando tendencia), va con buen pie aunque a veces el patrón parece que está en chino.
Maxia nos enseñó su fantástica
Falling Water Scarf, despues de bloqueda quedó preciosa. Y comenzó con un calcetín para el verano.
Yo estoy a un plis de acabar mi primer calcetín, y llevé las partes de mi primer amigurimi, aúnda le queda para acabarlo.
Estuvimos teje teje y habla habla toda la tarde y se nos pasaron las horas volando, la Terremota revolvió en los bolsos de todas en busca de tesoros ocultos y las dos nos unimos en ataque a la rosca de pascua.

Como detalle (siempre nos pasa algo curioso) una pareja de señoras mayores nos pararon cuando nos íbamos para decirnos que eramos un ejemplo a seguir y que le parecía muy bonito lo que hacíamos, y también se extrañaron de que supieramos tejer con 5 agujas que era muy difícil. ^_^
El próximo domingo no habrá quedada, pero el siguiente iremos con muchas más ganas y más animadas se cabe.

4 Comments:

Blogger Tartaruga dos Tartarouchos said...

Ola guapas, que ben que sigades co tece tece. Unhas preguntiñas para axudar a unha principianta:
- A la de calcetíns que utilizades para verán é 100% algodón? Pensei que cederían-encollerían e merquei unha con sintético. Creo que é Katia Mississipi ou algo así, non podo ir mirar que teño a monstrua durmindo enriba miña.
- Teño un patrón para facer, pero non me marca as agullas (é o primeiro que fago) a mostra debe ser de 24 puntos por centímetro e a lá que me venderon na tenda é de 21 con agullas do 4 ou 4´5. Como tezo apretado a muller deume as agullas do 4´5 pero comecei e paréceme enorme (non fixen mostra). No caso de que non se me axuste podería baixar aínda máis o número de agullas? cun 3 e medio, por exemplo? Ou teño que cambiar a la.
Un biquiño dende Lugo.

PD: sei que podía preguntar nun foro, pero xa que vos leo...

10:08 AM  
Blogger Maxiavida said...

Ola, Raquel, qué gusto atoparte por aquí :)

En canto a lá de calcetíns para verán, eu estou usando Katia Mississippi-3, que debe ser a mesma que ti dis; así os calcetíns non encollerán e espero que tampouco cedan!

En canto á otra pregunta... Eu cambiaría de lá, por se acaso... De todos xeitos a ver se as compañeiras te dan algunha idea, que de creatividade non nos podemos queixar nesta tertulia ;)

12:03 PM  
Blogger Tartaruga dos Tartarouchos said...

Esa, esa era. Guai, logo fixen boa elección, e foi de refilón cando marchaba.
Moitas grazas Maxiavida polo recibimento, xa que me das confianza, eu douvos máis datos, que avancei algo. Pasei do elástico e cheguei ó punto xersei, medín e 10 cm = 21 puntos coas agullas do 4´5, e fixándome no patrón pon que 24 sts and 36 rows to 10 cm over St st using larger needles. Suponse que teño que usar unhas agullas inferiores para o elástico, pero isto imaxino que non é imprescindible e non o vou facer, e coas de maior número facer o punto xersei. Se estou coas do 4´5 e me sae a mostra de 21, se baixo a 4 igual me sae a mostra de 24, ou non?
É que seguro que son unha chorrada de dúbidas que con alguén ó carón se resolven axiña, pero como non hai ninguén... fanse dúbidas farragosas e interminables.
Xa veremos onde pon a monstrua o seu monstruoso-xersei :-D
Mañá paso pola tenda de las se podo e cóntovos o que me diga a muller que me vendeu a lá, pero seguro seguro que vós sabedes máis, así que agardo as vosas axudiñas.
Saudiños

5:09 PM  
Blogger Tartaruga dos Tartarouchos said...

Bueno, cóntovos o desenlace, xa que vos metín no allo.
Pois fun o sábado co meu mega xersei e a muller díxome que tecía moi solto, así que me deu unhas agullas do 3´5. Intentei facelo de novo e seguía sendo grande, desfíxeno de novo e fixeno cunha talla menos, pero seguía sendo grande. Hoxe fun de novo e cambiei a la, agora semella que vai ben. Pero estou cunhas agullas do 2´5. A la marca 3-3´5 pero dame a mostra así que vou continuar, que dáquí ó inverno malo será que non acabe.
Xa vos informarei.
Moitas grazas Maxia.

3:30 PM  

Post a Comment

<< Home